Inauguración do Obradoiro de Emprego Vedra-Boqueixón 2016

Hoxe 1 de setembro comeza este obradoiro de emprego no que se desenvolverán accións formativas teórico-prácticas dos certificados de profesionalidade das disciplinas de carpintería e xardinería.

Este obradoiro está integrado por un total de 20 persoas de Vedra e Boqueixón e desenvolverase ata o mes de febreiro de 2017. Trátase dunha acción co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria e do Fondo Social.