Asociacións

ASOCIACIÓNS CULTURAIS

  • ASOC. CULTURAL AMIGOS DA CAMELIA VAL DO ULLA

Organiza e desenvolve anualmente a programación das Xornadas Arredor da Camelia, con actividades como a ruta btt e tamén con actividades culturais e musicais sempre como complemento ás actividades desenvolvidas por e para a camelia.
+ info en http://vedraconecta.blogspot.com.es/p/xx.html 

  • ASOC. PARA A DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN "CASA DOS PEÓNS"

Organiza e desenvolve accións relacionadas coa promoción turística do concello.

  • ASOC. SOCIOCULTURAL DA TERCEIRA IDADE  “O BURGO”
  • ASOCIACIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO

Programa e desenvolve actividades culturais ao longo de todo o ano:
Obradoiros de música, de baile, de costura. Conta cos grupos Os Campiños, Os Laxeiriños, Dedaleiras e A Requinta da Laxeira.
Tamén desenvolven accións puntuais no calendario (no Nadal, no Entroido,nas Letras Galegas, no verán,...) e contan con accións anuais como o Espazo Activo - Pasabodeghas, unha proposta socio-cultural.
+ info en www.arequintadalaxeira.com 

  • ASOCIACIÓN CULTURAL PAPAVENTOS

Colectivo que traballa por e para o teatro amador.
A súa Teatrofilia  enche cada ano as fins de semana de marzo de teatro.
+info en http://asociacionpapaventos.blogspot.com.es 

  • ASOCIACIÓN SENUNPESO PRODUCCIÓNS

Colectivo que traballa polo desenvolvemento do medio audiovisual.
O seu referente anual é o LAV Laboratorio Audio Visual e as súas mostras audiovisuais.
+info en: www.senunpeso.org 

  • ASOCIACIÓN CULTURAL ULLÁN

Colectivo que realiza actividades relacionadas co Teatro.

  • ASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL "A SEMENTEIRA"

Asociación que traballa cos mozos e mozas no ámbito do tempo libre

  • ASOCIACIÓN CULTURAL E TEATRAL "TIRA E AFLOXA"

Colectivo que traballa no ámbito das artes escénicas para todas as idades.

  • ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA RAIOLO

Fomenta e potencia a cultura tradicional galega a través do baile rexional e a música .

  • ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA TREIXADA

Fomenta e potencia a cultura tradicional galega a través do baile rexional e a música .

  • ASOCIACIÓN RAICEIROS

Colectivo que traballa na recuperación da cultura popular con proxectos como:
“Recuperación da Requinta da Ulla”, “O val da Ulla,unha comarca natural”, “50 anos da Ponte de Gundián”, “Coplas Ulláns” e “As Pontes do Río Ulla”
+ info en www.raiceiros.org 

  • ASOCIACIÓN XUVENIL DORNA

Entidade xuvenil que proxecta accións xuvenís entre elas:
O “Día da Bicicleta”, festivais musicais, ...

 

ASOCIACIÓNS POLA IGUALDADE

  • ASOCIACIÓN BERENGUELA POLA IGUALDADE

Promove accións para a concienciación, sensibilización e dinamización pola igualdade.
Exemplos de proxectos: 

“O Son da Berenguela” , “A Xanela da Muller Rural”  ou “Photocall desexos pola Igualdade”

 

ASOCIACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS

  • ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL

Colectivo que actúa no ámbito do medio ambiente.

 

ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS

  • ASOCIACIÓN CLUB OLÍMPICO DE VEDRA

Escola deportiva que desenvolve actividades federadas nas modalidades de natación, ciclismo, atletismo e triatlón,etc,...
+ info en www.olimpicodevedra.org 

  • ASOC. UNIÓN DEPORTIVA VAL DO ULLA

Club de Fútbol inmerso en competicións federadas.

  • ASOCIACIÓN "ESCOLA DEPORTIVA RIBADULLA”

Colectivo que fomenta o deporte dende as categorías máis infantís ás veteranas.
Con accións como a Copa Val do Ulla Fútbol Base e os adestramentos diarios e a participación en  competicións federadas.

  • CLUB DEPORTIVO SAN MAMEDE 

Histórico club de fútbol en todas as categorías, con adestramentos e competicións federadas.
Organiza xornadas formativas e o  Torneo Fútbol Base C.D. San Mamede

  • ASOCIACIÓN CLUBE DE FUTBOL VEDRA

Histórico Club de fútbol que agora mesmo non participa en competicións oficiais.

  • ASOCIACIÓN TIROLECOS SAN XULIÁN

Colectivo que promove o ciclismo a nivel amador coa organización da súa propia ruta btt.

  • ASOCIACIÓN XUVENIL, RECREATIVA E DEPORTIVA "FSF VEDRA"

Club de fútbol feminino que participa en competicións federadas.

  • ASOCIACIÓN ECUESTRE CABALEIROS DO SANTIAGUIÑO

Colectivo que promove accións relacionadas co mundo cabalar como a súa ruta anual.

  • ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA MOTEIR@S VAL DO ULLA

Colectivo que promove accións relacionadas co mundo das dúas rodas, fundamentalmente a súa concentración moteira organizada cada ano no mes de agosto.
+ info en www.moteirosvaldoulla.galeon.com 

 

ASOCIACIÓNS CULTURAIS VINCULADAS A COLECTIVOS EDUCATIVOS

  • ANPA “A BOCA”
  • ANPA “PINO MANSO” SAN MIGUEL
  • ANPA DO CEIP DE ORTIGUEIRA
  • ASOCIACIÓN NAIS E PAIS VAL DO ULLA DO CRA BOQUEIXÓN-VEDRA
  • ASOCIACIÓN INICIATIVAS E ESTUDIOS SOCIAIS DE VEDRA

 

ASOCIACIÓNS CULTURAIS  RELACIONADAS COA  MÚSICA

  • ASOC. CULTURAL "ESCOLA DE MÚSICA DE VEDRA"
    • Desenvolvemento de actividades relacionadas coa ensinanza e a aprendizaxe musical.
    • Organización de festivais escolares polo Nadal e fin de curso. 
  • ESCOLA DE MÚSICA SANTA CRUZ DO CONCELLO DE VEDRA
    • Desenvolvemento de actividades relacionadas coa ensinanza e a aprendizaxe musical.
    • Organización de festivais escolares polo Nadal e fin de curso e de festivais propios. 
    • Actuacións musicais.
  • BANDA DE MÚSICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA
    • Desenvolvemento de actividades relacionadas coa ensinanza e a aprendizaxe musical.
    • Actuacións musicais e organización de eventos e certames musicais.
  • ASOCIACIÓN CULTURAL AGARIMO
    • Fomenta e potencia a cultura tradicional galega a través do baile rexional e a música .
    • Participa en festivais de música tradicional, cursos de música e de baile e actuacións
  • ASOCIACIÓN  DE PANDERETEIRAS SILANDEIRA
    • Fomenta e potencia a cultura tradicional galega a través da música .
    • Festivais de música tradicional, cursos de música e de baile e actuacións
  • ASOC. CULT. ESCOLA DE GAITAS E BAILE GALEGO SANTIAGUIÑO
  • ASOCIACIÓN AMIGOS CORAL POLIFÓNICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA
  • ASOCIACIÓN MUSICAL BB+

 

ASOCIACIÓNS DE FESTEXOS
Centran as súas actividades na organización dos festexos parroquiais

  • ASOC. CULT. E DE FESTEXOS "VIRXE DO CARME"
  • ASOC. CULTURAL E DE FESTEXOS "FONTE DO APÓSTOLO"
  • ASOC. CULTURAL E DE FESTEXOS "SAN CRISTOBAL DE MERÍN"
  • ASOC. CULTURAL RECREATIVA E FESTIVA "O PATIO"
  • ASOC. DE FESTEXOS POPULARES SAN JULIÁN
  • ASOC. FESTEXOS POPULARES DE SAN MIGUEL DE SARANDÓN
  • ASOCIACIÓN CULTURAL DE FESTAS DE TROBE
  • ASOCIACIÓN CULTURAL DE FESTAS E ESPECTÁCULOS "AFESA"
  • ASOCIACIÓN CULTURAL DE FESTEXOS E DEPORTIVA "O CRUCEIRO DA ULLA"
  • ASOCIACIÓN CULTURAL E DE FESTEXOS SANTA BAIA
  • ASOCIACIÓN DE FESTEXOS "A CONCEPCIÓN"
  • ASOC. CULTURAL "NEIRA FEAL"
  • ASOC. CULTURAL SAN ANDRÉS AVELINO

 

 

Axencia Municipal para o Voluntariado e as Asociacións