Guía de empresas SON PARA MERCAR

Esta Guía de Empresas, Comercios e Servizos que tes nas túas mans preséntase como unha ferramenta útil para difundir as actividades desenvolvidas polos máis de 230 negocios de índole industrial, comercial e de servizos do Concello de Vedra. A través dela poderás achegarte ao tecido empresarial da nosa contorna, á nosa industria viva e innovadora, aos moitos servizos especializados, e a un comercio de proximidade moderno e adaptado aos tempos que nos achega uns servizos de calidade para ti e para os teus. Por todo iso e por moito máis, anímovos a que entre todos nos acheguemos aos múltiples recursos que nos ofrece o comercio local, poñendo en valor as súas vantaxes e descubrindo que contamos con todos os servizos ao noso carón.

Sexa pois esta guía o motor que impulse e beneficie tanto aos veciños como ás empresas.

E recordade.... SON VEDRA e...SON PARA MERCAR.

Ficheiros: