Programas do departamento de servizos sociais

PROGRAMAS DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS
  • INFORMACIÓN, VALORACIÓN E ORIENTACIÓN

Sobre os dereitos e recursos sociais así como o procedemento e a intermediación necesaria para o seu exercicio. A través do cal tramítanse diversas prestacións.

Para persoas con discapacidade:

  • Recoñecemento do grao de discapacidade.
  • Recoñecemento do grao de dependencia e proposta do Plan Individual de Atención.
  • Recoñecemento de usuario de apoio á mobilidade (065).
  • Tarxeta de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.
  • Pensión Non Contributiva de Invalidez.
  • Acollemento familiar.
  • Ingreso en Centros (Xunta e IMSERSO).
  • Asistencia a Centros de Día.
  • Campamentos de verán.
  • Termalismo Social.
  • Bonificación Local para transporte metropolitano

(BOP 30 de maio de 2012)

 

Persoas maiores:

  • Acollemento Familiar.
  • Pensión Non Contributiva de Xubilación
  • Ingreso en Centro Residencial e Centros de Día.
  • Programa de Respiro e Apoio Social.
  • Teleasistencia.
  • Xantar na Casa.
  • Termalismo Social.
  • Turismo Social (IMSERSO).
  • Xuntos polo Nadal
  • Bonificación Local para transporte metropolitano

(BOP 30 de maio de 2012)

 

Familia e infancia:

  • Títulos de Familia Numerosa
  • Cheque Infantil
  • Derivación e proposta de medidas de protección de menores (Acollemento, Garda e Institucionalización).
  • Prestación familiar fillos menores de 3 anos.

 

Muller:

  • Teleasistencia para vítimas de violencia de xénero
  • Axudas periódicas e indemnizacións de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

 

  • SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha  perspectiva integral e normalizadora para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo.

BOP 5 de febreiro de 2013

Modificacións:

BOP 3 de maio 2013

BOP 13 de maio 2013

  • PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL

Procura valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións de risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Dentro deste programa inclúese  a xestión propia  dunha liña de axudas de emerxencia social, non periódicas.

(BOP 1 de marzo de 2010)

Trámites de recursos da Comunidade Autónoma:

  • Renda de Integración Social de Galicia.
  • Emerxencia Social .
  • Alimentos (Cruz Vermella).
  • Emigración/Inmigración (documentación de arraigo).
  • Abono Social Telefónica.
  • Bono Social Gas Natural-Fenosa.

 

  • SERVIZO DE EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR

Dirixido con carácter xeral ás familias da comunidade con atención prioritaria a aquelas unidades de convivencia que se atopen en situación de maior vulnerabilidade, nas cales exista presenza de menores en risco de exclusión social.

  • PROGRAMA DE COOPERACIÓN E SOLIDARIDADE SOCIAL

Que facilita a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulso do asociacionismo e organización do voluntariado.

(BOP 27 de agosto de 2012)

ivan.garcia@concellodevedra.com

Axencia Municipal para o Voluntariado e as Asociacións

PROGRAMAS DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS ESPECÍFICOS

A través dos  cales desenvólvense programas e xestiónanse centros orientados a colectivos  con problemáticas específicas na procura da súa normalización e reincorporación social.

  • ÁREA DE FAMILIA E INFANCIA
    • Escola Infantil: atención social e educativa á primeira infancia de 0-3 anos, co obxecto de posibilitar a conciliación da vida laboral e familiar. Conta con 4 aulas cunha capacidade total de 61 alumnos e cun horario continuado de 7:30-20:30 horas. Está situada en San Fins de Sales, Nande, nº 65. Teléfono 981511603

Solicitude

Regulamento e modificacións:

BOP de 2 de febreiro de 2010

BOP de 9 de febreiro de 2010

BOP 5 de maio de 2011

BOP 16 de marzo de 2012

 

  • Programa de actividades de prevención e inserción comunitaria: dirixida a menores de 3-12 anos de idade e ás súas familias co obxectivo de promover a participación e integración social mediante o desenvolvemento de actividades lúdico-didácticas.

carmen.sabio@vedra.dicoruna.es

  • ÁREA DE TERCEIRA IDADE
    • Centro Socio-Cultural da Terceira Idade, no que se desenvolve o programa de animación e desenvolvemento comunitario na área da Terceira Idade. Está situado na Avda. Mestre Manuel Gómez, nº 41 Teléfono 981502024

Actividades Terceira Idade

Solicitude

Actividades Abril-Xuño 2017

Regulamento:

BOP do 21 de outubro de 2005