Lixo

Recollida de lixo

Dentro das competencias das Entidades Locais atópase a de prestar os servizos derivados da xestión dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos na forma que se estableza nas respectivas ordenanzas 
Considéranse residuos domésticos os residuos xerados nos fogares como consecuencia das actividades domésticas. Tamén se consideran residuos domésticos os similares en natureza (características físicas e cantidade) e composición aos anteriores xerados en servizos e industrias.
As Entidades Locais prestarán como servizo obrigatorio a recollida, o transporte e o tratamento dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos de acordo co establecido nas súas ordenanzas municipais. 
Para o tratamento dos residuos domésicos o Concello de Vedra está adherido a SOGAMA. Dúas son as fraccións de residuos urbanos sobre as que Sogama centra a súa xestión: a bolsa amarela, é dicir, os materiais depositados pola cidadanía no colector amarelo (envases de plástico, latas e bricks), e a bolsa negra, (refugallos orgánicos e que non poidan ser reciclados) introducida no colector xenérico.

Punto limpo

O Punto Limpo de Vedra esta deseñado para que os cidadáns poidan depositar nel os residuos para os que é preciso unha xestión específica, polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou pola súa composición (pilas, disolventes e outros materiais perigosos).

Os obxectivos principaias destas instalacións son:

  • Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
  • Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc.

Horarios do Punto Limpo:
Martes: as mañás de 10:00 a 14:00 horas e as tardes de 16:00 a 19:00 horas
Sábados. As mañás de 10:00 a 14:00 horas
Enderezo: Fornelos , 17. 15885 Vedra
 628 984 185

Recollida de Voluminosos

COREGAL é a empresa xestora do servizo de recollida de voluminosos “porta a porta” no noso concello. Este é un servizo GRATUÍTO  e que pretende facilitar a veciñanza a correcta xestión dos residuos xerados no seus fogares.

  • Recolllen o primeiro e terceiro venres de cada mes  en horario de mañá.

TELÉFONO DE SOLICITUDES PARA A RECOLLIDA:

981 57 12 41 

(atenderanse todas as solicitudes feitas ata as 17 horas do día anterior a recollida)

Recorda que si o prefires, podes levar os teus voluminosos ao Punto Limpo Municipal de Vedra os martes  de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h. e os sábados de 10 a14 h.