Actividades/Cursos

Novas tecnoloxías e audiovisuais

Con este proxecto trabállanse determinados aspectos no eido das novas tecnoloxías e do audiovisual, xa que hoxe en día é algo primordial para os mozos e mozas tanto á hora de acceder ao mercado laboral como de acceder á información.

Nesta oferta formativa figuran cursos de: Photoshop, deseño web, fotografía, gravación e montaxe audiovisual…

Obxectivos:

  • Proporcionar á mocidade as nocións básicas ou avanzadas para o traballo con estas ferramentas.
  • Utilizar as TICs como elemento motivador.
  • Ofrecer aos mozos/as do rural unha oferta formativa de calidade, preparándoos para o seu futuro laboral.

Aventura na natureza

Este proxecto desenvólvese ao longo da primavera e o verán, e alterna diversas actividades naturais e deportivas, que permiten realizar unha actividade física, fomentar un ocio activo e uns hábitos de vida saudables ao mesmo tempo que traballamos a concienciación sobre o respecto á natureza, á preservación do patrimonio natural e o coñecemento e posta en valor deste.…

Actividades: ráfting, sendeirismo, descenso do Ulla en piraguas, barranquismo, viaxe á neve, parques multiaventura...

Escola de verán de desenvolvemento sostible

É un proxecto de educación para a sustentabilidade dende o ocio da xuventude do territorio, xa que trata de xerar diferentes alternativas de desenvolvemento social, dando lugar a un gran número de experiencias, caracterizadas por un nexo de unión que é o respecto ao propio entorno. Desenvólvese ao longo do mes de xullo.

Obxectivos:

  • Crear unha alternativa de verán onde xerar conciencia para un desenvolvemento sostible, onde os/as mozos/as teñan un papel protagonista.
  • Facilitar un espazo de ocio educativo, encontro e reflexión entorno a temática da sostibilidade.
  • Desenvolver accións de utilidade pública para a zona.
  • Facilitar a relación co medio para que se converta nun lugar de observación e experimentación.
  • Favorecer as situacións da zona, potenciando a interacción dos participantes coa poboación local.

Solicitude de inscrición

Campamentos de verán

Ofrecen a posibilidade de vivir unha experiencia alternativa, onde poder realizar distintas actividades ao tempo que se goza das vacacións de verán. Neste proxecto os/as participantes poden divertirse a través dun amplo programa de actividades que van dende dinámicas e xogos, obradoiros, deportes, veladas... etc.

Diferentes modalidades: campamentos municipais, campamentos da Xunta, prazas para campamentos da Deputación da Coruña.

Obxectivos:

  • Potenciar a participación, a colaboración e o compañeirismo.
  • Incentivar a non dependencia, e aprender a tomar decisións que lle permitan valorar todo o que posúen.
  • Fomentar hábitos de hixiene, limpeza e alimenticios.
  • Realizar actividade manuais, intelectuais, motoras, creativas...