Cultura

Dende este departamento  traballase co obxectivo de prestar un servizo público que pon á disposición das persoas usuarias unha programación cultural que pretende ser diversa, próxima e de interese colectivo, así como o de colaborar cos proxectos culturais propostos e desenvolvidos polos moitos e moi dinámicos colectivos asociativos de Vedra.

Nel podes informarte e inscribirte en calquera das actividades, accións programas e proxectos organizados e coordinados no Concello.

Por suposto a el tamén podes facer chegar as túas suxestións, opinións, inquedanzas e/ou proxectos culturais.

O departamento de Cultura de Vedra está situado nas dependencias municipais:
Dirección:    Avenida Mestre Manuel Gómez Lorenzo, 1 – Vedra. 15885 - Vedra
Horario:       De luns a venres de  9.30 a 14.30 h
981 814 691

cultura@concellodevedra.com