Voluntariado Xuvenil

Tes moito tempo libre, e non sabes que facer co mesmo? Queres aproveitalo aprendendo e adquirindo experiencias de cara a un futuro laboral? Anímate a participar como voluntario/a xuvenil! Reserva a túa praza (prazas limitadas). Se tes entre 16 e 30 anos, podes participar nas diferentes áreas nas que se desenvolverán as accións voluntarias: atención a peregrinos/as, dinamización sociocultural, accións ambientais, apoio escolar, acompañamento de persoas maiores, recuperación patrimonial... As persoas voluntarias, contan con formación, seguro de accidentes e de R.C. e terán cubertos os gastos de desprazamento e manutención. Se estás interesado/a e se queres recibir máis información ou inscribirte, podes contactar a través do teléfono 981814695 ou no correo: voluntariado@concellodevedra.com APÚNTATE XA!