TABOLEIRO DE AXUDAS

SECCIÓN COAS AXUDAS DE INTERESE:

** AXUDA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE:

- Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D á mocidade galega e se procede á súa convoactoria para o ano 2024 (código de procedemento BS321A)

- Fin do prazo de solicitudes: 30 de setembro de 2024.

- Toda a información  PREMENDO AQUÍ 

AXUDAS NOS SERVIZOS SOCIAIS: 

1.- AXUDAS AO ENSINO E TRANSPORTE DO CONCELLO DE VEDRA CURSO 2023/2024

PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL  das axudas ao ensino e transporte.

Lugares de publicación: Esta mesma páxina web e o taboleiro de anuncios do Concello de Vedra

Máis información: Nas bases reguladoras e no teléfono 981 81 46 93

 

2.- TARXETA BENVIDA 2024

A tarxeta benvida é unha axuda económica para as familias que durante o ano 2024 teñan descendencia ou que a tiveran durante os anos 2022 ou 2023 e non puideran solicitala por ter superado ingresos e na actualidade experimenten unha variación á baixa da renda da unidade familiar.

A tarxeta só poderá ser utilizada en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, librarías, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia de toda Galicia.

Contía da axuda:

- Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o/a terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes

- Aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito a unha axuda complementaria no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos.

- Excepcionalmente, a axuda poderase percibir ata un ano máis sempre que a unidade familiar estea declarada polo órgano dos servizos sociais comunitarios básicos en situación de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena faga os tres anos.

Requisitos:

- Residencia habitual en Galicia.

- Renda da unidade familiar non superior a 45.000€. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.

Máis información: Dirección xeral de familia, infancia e dinamización demográfica da Xunta de Galicia: 981 54 46 34 ou tarxetabenvida.familia@xunta.gal

3.- PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO TEMPADA 2024

O prazo para participar no proceso de adxudicación de prazas das quendas de setembro a decembro estará aberto ata o 15 de maio de 2024.

Para a inclusión nas listaxes de agarda:

Quendas febreiro a agosto: Aberto ata o 14 de maio de 2024

Quendas de setembro a decembro: Aberto ata o 15 de novembro de 2024

Máis información na sede electrónica do IMSERSO PREMENDO AQUÍ: 

Recoméndase solicitar cita previa no teléfono 981 81 46 12 para as persoas que decidan acudir presencialmente ao Concello a tramitar as súas solicitudes.

4.PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO

Dende o 06.11.2023 ata o final da tempada 2023/2024 permanecerá aberto un novo prazo para darse de alta no programa do Imserso de turismo. Este novo prazo é para introducir os datos no sistema de persoas que non o fixeran con anterioridade; non para a elección de viaxes.

As novas solicitudes poden presentarse de forma telemática AQUÍ:  ou a través do formulario en papel e envialo a través dun rexistro público (por exemplo, o do Concello de Vedra) ou en sobre franqueado por Correos.

A presentación da solicitude é indispensable para que o Imserso, tras efectuar as comprobacións oportunas, poida ditar a resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do programa de turismo, que recibirá o solicitante no seu domicilio.

Máis información: AQUÍ  / no teléfono 912 667 713 / no departamento de servizos sociais comunitarios.

5.- BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE AXUDA AO ALUGAMENTO DE VIVENDA PARA O ANO 2024   PREMENDO AQUÍ