Axudas para incentivar a implantación e mellora das empresas de turismo activo

As actuacións desta convocatoria financiaranse coa participación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).Dentro do marco de implementación de novas accións no sector turístico procede continuar arbitrando liñas de axuda para incentivar as actuacións dos axentes que actúan neste sector en Galicia co fin de consolidar unha oferta turística de calidade diferenciada cunha ampla diversidade que procure, no respecto ao ambiente, unha opción estable para o desenvolvemento económico do rural galego.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Pode consultar a convocatoria completa no DOG nº 98 de 26 de maio de 2010 ou no documento que se adxunta.