Axudas para a potenciación e mellora do turismo rural

 O programa operativo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2007-2013 é un documento de programación comunitaria aprobado pola Comisión Europea que recolle a articulación da estratexia da Xunta relacionada con distintos eixes prioritarios de intervención. Nestes eixes establécense medidas dirixidas á mellora da calidade de vida nas zonas rurais e medidas para mellorar os servizos turísticos, tales como a reforma e modernización do turismo dado o carácter prioritario do sector do turismo na comunidade autónoma.

 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

  Pode consultar a convocatoria completa no DOG nº 98 de 26 de maio de 2010 ou no documento que se adxunta.