Guía de empresas MERCA VEDRA

O concello de Vedra a través da presente campaña de promoción “Merca Vedra”, pretende potenciar o tecido empresarial, poñendo en valor as súas vantaxes: unha industria viva e uns servizos modernos, especializados e próximos aos veciños.

A Guía de Empresas, Comercios e Servizos é unha das accións desta campaña, e preséntase como unha ferramenta útil para difundir as actividades desenvolvidas por máis de 220 negocios de índole industrial, comercial e de servizos; un recurso que nos beneficia a veciños e a empresas, e que nos achega unha visión máis próxima das múltiples opcións que temos no concello.

Non o esquezas “Merca no teu concello, merca en Vedra”.

AdxuntoTamaño
Merca Vedra-Guía de empresas.pdf98.18 KB

Concello en liña

Boletín Municipal

Formación e emprego

Perfil do Contratante

Vedra Cultural

Deporte Municipal

Centro 3a Idade

Galería Fotográfica