Actualidade municipal

  • Concurso tarxetas de Nadal

    O departamento de cultura volve lanzar o Concurso de Tarxetas de Nadal que tan ben está sendo acollido pola cativada de Vedra. A tarxeta que resulte elixida polo xurado será a que o Concello utilizará como felicitación institucional para as festas do Nadal do ano 2017.

    DESTINATARIOS: nenos e nenas ata os 12 anos.

    Haberá premios.

    Para participar bótalle un ollo ás bases do concurso que están colgadas na páxina web de Vedra e tamén a disposición nos centros escolares e no departamento de cultura do concello de Vedra.

    O prazo de entrega dos traballos estará aberto ata o 5 de decembro.

    TODA A INFORMACIÓN E BASES Á TÚA DISPOSICIÓN no departamento de cultura do concello de Vedra tf: 981 814 691 /cultura@concellodevedra.com / www.concellodevedra.com

    Ler máis

Novas

Declaración de bens e actividades presentadas polos concelleiros

De acordo co establecido no artigo 75.7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, dáse publicidade á presentación das declaracións sobre bens patrimoniais e declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poidan proporcionar ingresos económicos, por parte de todos os concelleiros cesantes e entrantes deste con

Novo sistema de comunicación de avarías na iluminación pública

Coñecedores de que o actual sistema para comunicar incidencias na iluminación pública é limitado, posto que só se poden atender avisos no horario de atención ao público das oficinas municipais, e de que o traslado desta información á empresa de mantemento ten pasos que se poden reducir para deste xeito axilizar o proceso de reparación dos farois, decidiuse cambiar o sistema d

Información do Programa Deseñando o Teu Futuro 2017 Boqueixon-Vedra

Dado o éxito de programa DESEÑANDO O TEU FUTURO, que se está a desenvolver no Concello de Boqueixón dende o ano 2015, máis o entusiasmo amosado polos mozos e mozas  e polas empresas participantes,  este ano o concello  de Boqueixón e Vedra presentan o programa conxuntamente  polo que se abre un prazo de solicitudes de inscrición para aqueles  que desexan coñecer a súa vocación labor

Páginas