Actualidade municipal

  • Goza do Ulla

    O concello de Vedra achega os folletos e carteis do programa de sendeirismo Goza do Ulla 2017. Interesantes percorridos polos concellos bañados polo río Ulla.

    Rutas e datas

    Ler máis

Novas

Tarxeta benvida

A Consellería de Política Social convoca unha axuda económica para as familias que no ano 2017 teñan un/unha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena menor dun ano. Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 euros a razón de 100 euros/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla.

Axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios

A Consellería de Medio rural establece as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvol

Proceso selección Aprolrural

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de outorgarlle ao Concello de Vedra unha subvención para a contratación de traballadores/as desempregados/as ao abeiro da Orde do 14/07/2016, para a contratación de 2 albaneis, 2 xardineiros e 1 técnico de protección civil, a xornada completa cunha duración de seis meses e con contrato temporal de inte

Páginas