Actualidade municipal

  • Proxección de Vida

    Este sabado 22 de abril ás 20:30 horas no Centro Sociocultural de Vedra, podedes asistir a unha obra de ficción e un documental para sensibilizar ao público arredor das persoas con diversidade funcional que compoñen o proxecto Vida, dirixido por Rubén Riós.

    Ler máis

Novas

Temporal no concello de Vedra

O Concello de Vedra con motivo do gran temporal que bateu con forza Galicia sobre todo esta pasada fin de semana, puxo en alerta 3 grupos de traballo conformados polos operarios municipais das brigadas verde e de obras, persoal do servizo de augas, protección civil e voluntarios de protección civil.

Tarxeta benvida

A Consellería de Política Social convoca unha axuda económica para as familias que no ano 2017 teñan un/unha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena menor dun ano. Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 euros a razón de 100 euros/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla.

Páginas