Control da vespa velutina

O Concello de Vedra continúa coa Loita contra a Vespa Velutina organizando charlas informativas sobre a problemática social desta especie e talleres sobre a fabricación de trampas caseiras en cada unha das 12 parroquias do Concello e nos distintos centros escolares coa intención de implicar á veciñanza na loita contra esta especie invasora que está a causar graves prexuizos en moitos sectores produtivos na nósa comarca.

Charlas informativas ás 20:30 h. en:

14 de febreiro - Local Social de Ponte Ulla

15 de febreiro - Multiusos de San Mamede

16 de febreiro - Casa da Cultura de San Miguel de Sarandon

19 de febreiro - Local Social de Picón en San Pedro de Vilanova

20 de febreiro - Local Social en Merin

21 de febreiro - Casa da Fábrica en Trobe

22 de febreiro - Local Social en San Pedro de Sarandon

23 de febreiro - Centro Sociocultural de Vedra

26 de febreiro - Local Social de San Fins de Sales

27 de febreiro - Local Social de Illobre