XXIII Xornadas arredor da Camelia

A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra organiza as XXIII Xornadas arredor da Camelia, que este ano lucirán co seu máximo esplendor o día 25 de febreiro na contorna do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.

Estas xornadas enchen de contidos culturais e turísticos os meses de febreiro e marzo con actividades como as mostras, charlas, visitas, teatro... un gran escaparate de contidos do que podemos adiantar:

18º Concurso de Pintura Infantil da Camelia (prazo de presentación ata o 16 de febreiro)

25 de febreiro: XXIII Xornada arredor da Camelia  Programa xornada Visitas "Teatralizadas" ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla coa compañía Andaravía Teatro 

10 de marzo: Visita ao Pazo de Mariñan 

15 de marzo: Iniciándonos no Té 

Imaxe: