Convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de actividades levadas a cabo por entidades sen ánimo de lucro no termo municipal de Vedra

O departamento de Cultura do concello de Vedra informa da publicación  no BOP  do venres 2 de febreiro, o anuncio da convocatoria de subvencións para actividades levadas a cabo por entidades sen ánimo de lucro no termo municipal de Vedra, coa finalidade de apoiar, colaborar e impulsar o desenvolvemento de proxectos e actividades levadas a cabo polas entidades sen ánimo de lucro do dito concello Concello.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, a contar dende o sábado 3 de febreiro.

Fin do prazo o 5 de marzo, pois a data límite sería o sábado 3 de marzo que por tratarse dun día inhábil para a administración traslada o fin do dito prazo ao luns 5 de marzo ás 14 h no rexistro municipal de Vedra ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da lei 39/2015 do 1 de outubro segungo o Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Para máis información podedes consultar as bases reguladoras e os modelos de  anexos coa documentación a presentar na páxina web do Concello ou nas dependencias municipais do departamento de cultura.

Tamén podedes poñervos en contacto: