Novo sistema de comunicación de avarías na iluminación pública

Coñecedores de que o actual sistema para comunicar incidencias na iluminación pública é limitado, posto que só se poden atender avisos no horario de atención ao público das oficinas municipais, e de que o traslado desta información á empresa de mantemento ten pasos que se poden reducir para deste xeito axilizar o proceso de reparación dos farois, decidiuse cambiar o sistema de avisos de avarías para que sexa xestionado directamente pola empresa prestadora do servizo e deste xeito conseguir que o servizo funcione de xeito máis áxil e eficaz.

Dende o 7 de agosto as avarías nos farois do termo municipal comunicaranse directamente á empresa Electricidad Cruceiro, SL. A citada empresa pon a disposición da veciñanza de Vedra tres medios de comunicación para facilitar o máximo posible este trámite.

As avarías poderán comunicarse no seguinte horario e polos seguintes medios:

HORARIO: DE LUNS A VENRES DE 9:00 A 14:00 h. e de  16:00 a 19:00 h.

-Por teléfono no 981.500.506

-Por correo electrónico no enderezo: info@electricidadcruceiro.com

-Por fax no 981.508.136

É moi importante que nos avisos realizados por medios escritos se deixe constancia dun teléfono de contacto para que no caso de non localización da avaría os técnicos poidan chamarlles.

Imaxe: