Información do Programa Deseñando o Teu Futuro 2017 Boqueixon-Vedra

Dado o éxito de programa DESEÑANDO O TEU FUTURO, que se está a desenvolver no Concello de Boqueixón dende o ano 2015, máis o entusiasmo amosado polos mozos e mozas  e polas empresas participantes,  este ano o concello  de Boqueixón e Vedra presentan o programa conxuntamente  polo que se abre un prazo de solicitudes de inscrición para aqueles  que desexan coñecer a súa vocación laboral a través das estadías-visitas  que se desenvolven coas empresas conveniadas.

Se eres un mozo ou moza de Boqueixón e Vedra:

– resultache difícil resolver estas cuestións: “Necesito planificar o miña traxectoria profesional e non sei que estudar!” “Teño moi poucas ideas sobre as ocupacións nas que podo encaixar!” “Faltame seguridade sobre o que unha persoa como eu podería facer! “,

– tes entre 14 e 18 anos,

– desexas coñecer a realidade dunha profesión, ocupación ou oficio para descubrir a túa verdadeira vocación.

¡Esta é a túa oportunidade de formar parte de Deseñando o teu futuro!

Poderás realizar a estadía visita entre 5 e 15 días, e entre 5 e 6 horas diarias na empresa conveniada e vinculada á profesión, ocupación u oficio que queiras coñecer. Ademais terás unha compensación económica de 6 euros día.

Para máis información podes contactar no 981513061(extensión 4) no Departamento de Formación e Emprego do Concello de Boqueixón, e no 981814612 no Concello de Vedra.

 No momento de facer a solicitude de inscrición/participación debes cubrir estes anexos que se xuntan a esta información e asinalos debidamente, a non presentación dos mesmos implica que non podes participar na selección de participantes do programa.

 
Ficheiros: 
Imaxe: