Subvencións para adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas

A Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural (Agader) convoca axudas para a ampliación e/ou modernización de empresas mediante a adquisición de equipamentos produtivos destinados a actividades non agrícolas, co fin de reforzar o tecido empresarial no rural galego e mellorar a súa competitividade.

As axudas, tramitadas en réxime de concorrencia competitiva, consistirán en subvencións directas de capital e estarán destinadas a ás pequenas empresas situadas en zonas rurais e as persoas físicas que residan nestas zonas.

O prazo de solicitude rematará o 22 de maio.

Para máis información:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170421/AnuncioO90-060417-0001_gl.html