Subvención a empresas do rural para a contratación de banda larga ultrarrápida

No marco do Plan de banda larga de Galicia aprobado pola Xunta de Galicia no 2001, e co fin de impulsar medidas que posibiliten a adaptación do rural galego á economía dixital, a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia convoca subvencións para as empresas illadas do rural para que poidan contratar servizos de banda larga ultrarrápida.

As empresas privadas, físicas ou xurídicas,  que a soliciten non poden ter contratada nin poden contratar na súa localización servizos de banda larga con trinta ou máis Mbps de descarga e estar, polo tanto, illadas destas redes.

O prazo de solicitude remata o 11 de maio. Dado que é necesario presentar ofertas dos operadores recoméndase tramitala o antes posible. 

Para máis información poden contactar co Concello no teléfono 981814612 ou consultar as bases da subvención no Diario Oficial de Galicia do 20 de marzo e a súa modificación no do 19 de abril ou nos seguintes enlaces da orde e da súa posterior modificación:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170320/AnuncioG0177-100317-0001_gl.html

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170419/AnuncioG0177-110417-0001_gl.html