Programa lanzadeiras de emprego 2017

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica pon en marcha unha nova edición do programa Lanzadeiras de Emprego en varios concellos de Galicia. O programa está destinado a adestrar na busca de emprego de xeito innovador, proactivo e colaborativo.  Se tes entre 18 e 59 anos e estás inscrito/a como demandante de emprego, sen importar a túa formación nin se tes experiencia previa, podes realizar a túa inscrición. As prazas son moi limitadas polo que debes realizala canto antes (data límite 20 de abril).

Se desexas ampliar a información ou realizar a túa inscrición dende o concello de Vedra podes chamar ao teléfono 981 814 612 ou escribir ao enderezo electrónico: vanessa.crespo@concellodevedra.com.

Máis información na páxina: www.lanzaderasdeempleo.es