Antenas de 4G e problemas coa TDT

En relación coas ampliacións de cobertura de 4G no termo municipal recordámoslle a toda a veciñanza que no caso de detectar problemas coa recepción da TDT deberán comunicarse co CAU no teléfono 900.833.999  para que realicen as comprobacións oportunas e, de ser o caso,  envíen o servizo técnico ao seu domicilio.

Todo traballo que se realice por parte deste servizo para recuperar o sinal de TDT será totalmente gratuíto.

É importante sinalar que este servizo técnico só será para o caso no que os fallos de TDT sexan debidos ás obras para ampliación do 4G e non para avarías en xeral.

Máis información no 981814612 e na páxina web www.llega800.es.