I Concurso de fotografía turística "93 destinos por descubrir"

No I concurso de fotografía turística "93 destinos por descubrir" poderán participar persoas maiores de idade con até un máximo de 6 fotografías. As imaxes terán que reflectir atractivos turísticos como praias, natureza,s festas, patrimonio histórico, gastronomía, paisaxes, costumes e, en xeral, calquera aspecto que transmita a riqueza turística da provincia da Coruña. Ferrolterra, A Coruña e As Mariñas, Costa da Morte, Terras de Santiago, Rúa de Muros e Noia e Ría de Arousa Norte son os xeodestinos en que se realizarán as fotografías.

O primeiro premio consiste en 3.000 €, o segundo 1.500€ e o terceiro 500 € e a Deputación poderá publicar ou expoñer os traballos premiados, que quedarán da súa propiedade. Admitiranse fotografías en branco e negro ou cor mais non se admitirán imaxes manipuladas dixitalmente con ningún programa de edición fotográfica.

Máis info e bases: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/24/2017_0000001475.html

Imaxe: