Reclamacións polo corte de subministro eléctrico

O Concello de Vedra, pon en coñecemento de toda a veciñanza afectada polos cortes no subministro eléctrico ocasionados por mor dos temporais sufridos os días 2 e 3 de febreiro deste ano, que poderán recibir información, asesoramento e tramitación dos expedientes de reclamación, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Vedra, en relación coas reclamacións que desexen presentar contra as compañías subministradoras, polos cortes de electricidade sufridos.

A reclamación debe realizarse por escrito dirixida á compañía subministradora indicando o número de contrato, as horas ou días de falta de subministro eléctrico, os danos ocasionados e a contía económica (acompañado de facturas de gastos e reparacións sempre que sexa posible) e fotos dos danos.

Aqueles veciños e veciñas que dispoñan de seguro de continente e contido deben avisar á compañía nos 7 primeiros días dende o corte de subministro eléctrico, para que lles envíen un perito.

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Vedra, está aberta de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e poden pedir cita previa no teléfono 669.450.801.