Temporal no concello de Vedra

O Concello de Vedra con motivo do gran temporal que bateu con forza Galicia sobre todo esta pasada fin de semana, puxo en alerta 3 grupos de traballo conformados polos operarios municipais das brigadas verde e de obras, persoal do servizo de augas, protección civil e voluntarios de protección civil.

Grupos que realizaron con éxito un gran traballo coas tarefas de infinitas emerxencias que foron transcorrendo, caída de árbores nas estradas, accesos pechados en domicilios,... Só na noite do venres e a mañá do sábado retiráronse  máis de duascentas  árbores que cortaban pistas principais.

Dende o concello quérese dar agradecemento e recoñecemento público polo esforzo, voluntariedade e predisposición a cada unha das persoas que conformaron estas brigadas de emerxencias.

Do mesmo xeito tamén se quere agradecer a comprensión veciñal ante esta situación que en momentos desbordou calquera previsión posible e informar de que nos vindeiros días quedará totalmente restablecida a normalidade, pois continúan os traballos de retiradas de árbores, limpeza de estradas,... polo que se roga aos propietarios das árbores que invaden as vías públicas e cunetas as retiren nas próximas horas, algo que favorecerá os labores de limpeza.

 Outro dos sectores que por suposto resultou moi danado foi a iluminación pública que en moitos puntos sufriu avarías e que o concello tentará restablecer nesta semana.

Agradécese a colaboración veciñal e  prégase que continúen chamando e informando de calquera das incidencias que nos deixou este temporal.

Imaxe: