Reunión co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O pasado 12 de abril o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo unha reunión co alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo e co director do CEIP Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla, Jaime Furelos, coa finalidade de analizar un proxecto de mellora integral do CEIP Ortigueira elaborado pola propia comunidade educativa do centro.

Así mesmo, Román Rodríguez e mais o alcalde tamén estudaron posibles actuacións a levar a cabo no CPI de Vedra, enmarcadas dentro da estratexia de cooperación conxunta entre ambas as dúas institucións co fin de mellorar as infraestruturas dos centros, como a mellora do saneamento do CPI de Vedra.