Regularización catastral

En relación coas notificacións que está recibindo boa parte da veciñanza de Vedra, queremos recordar que:

O procedemento de regularización catastral que se está levando a cabo en todos os concellos do territorio nacional (periodo 2013-2016), excepto o País Vasco e Navarra, e que está sendo realizada de oficio polo Ministerio de Facenda a través da Dirección Xeral de Catastro, ten como finalidade dar de alta en Catastro os inmobles urbanos e rústicos con construcións que aínda non estaban no mesmo, así como regularizar as alteracións daqueles que xa estaban dados de alta.

Esta revisión supón en moitos casos un incremento dos valores catastrais pola inclusión de edificacións non valoradas anteriormente (vivendas, galpóns, cubertos, piscinas, aparcamentos, etc,,) ou por reformas e rehabilitacións feitas nas vivendas, construcións anexas, etc,

Recordarmos que todas aquelas persoas que reciban unha notificación teñen á súa disposición os Servizos Municipais de Urbanismo (do que xa fixeron uso moitos/as veciños/as), onde poderán aclarar ou consultar co persoal técnico todas aquelas dúbidas que teñan, tanto en persoa como a través do teléfono 981.81.46.94 e así mesmo comprobar se existen erros ou motivos de alegación a dita regularización catastral, prestándolles toda a axuda que sexa posible.