Tarxeta Bono Cultura Galega

Tarxeta-Bono Cultura Galega, é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para promover o consumo cultural galego.

Ten por obxecto a promoción do consumo de certos produtos culturais entre a poboación de 18 a 30 anos, mediante a emisión dunha tarxeta-bono coa que a/o usuario/a se beneficiará dunha subvención para adquirir libros en lingua galega, e/ou entradas para asistir a espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.

Máis información