Deportes

O concello de Vedra ten entre as súas competencias a de “fomentar, promover e difundir o deporte, especialmente o deporte en idade escolar” e iso é o que pretende co desenvolvemento dun programa de actividades anual.

OBXECTIVOS XERAIS:

  • Desenvolver as actividades deportivas non ofertadas por outras entidades neste concello.

  • Promover a actividade deportiva en xeral no ámbito de actuación do concello creando hábitos de vida saudables.

  • Ofertar un ocio e tempo libre saudable, construtivo e de carácter social.

  • Fomentar a adquisición de aptitudes de participación, compromiso e esforzo.

 

AMBITOS DE ACTUACIÓN:

  • Escolas deportivas para a idade escolar

  • Actividades deportivas para adultos

  • Outras actividades