Economía, Emprego e Industria salienta que a aposta de Vedra por unha “economía verde” está a xerar aforros anuais de 10.500 euros

Vedra (A Coruña), 16 de decembro de 2015.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou hoxe o concello de Vedra, onde mantivo un encontro de traballo co alcalde Carlos Martínez no que avaliaron as actuacións de aforro e eficiencia enerxética realizadas na localidade. Neste sentido, Bernardo Tahoces subliñou a aposta do municipio por unha “economía verde” que repercute na mellora da calidade de vida dos cidadáns, xerando aforros económicos de 10.500 euros anuais.

Reunión coa nova Conselleira de Medio Ambiente

Reunión de Carlos Martínez con Beatriz Mato, nova Conselleira de Medio Ambiente e Territorio para tratar varios asuntos referentes ao saneamento no termo municipal de Vedra. 

 

Regularización catastral

Administración electrónica

A sede da Deputación da Coruña acolleu unha xornada na que participaron alcaldes, concelleiros e técnicos dos 93 concellos da provincia, co obxectivo de explicar as accións de impulso á administración electrónica nos municipios que se veñen desenvolvendo dende a institución provincial e o novo marco lexislativo que regula este ámbito, e que impón un prazo de un ano para a implantación definitiva da e-administración.

Páginas