Axudas para a rehabilitación integral de vivendas nos Camiños de Santiago

Aprobada a convocatoria para axudas da Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago para o ano 2018 cun importe de preto de 2,9 millóns de euros, sen prexuízo de que aínda se poden presentar solicitudes ao abeiro da convocatoria de 2017, aberta ata o 30 de novembro. Esta nova convocatoria para o 2018 publicarase no DOGA a comezos do vindeiro ano.

Destas axudas poden beneficiarse as vivendas emprazadas nas parroquias do  concello polas que  pasa o Camiño (no caso de Vedra son as parroquias de Ponte Ulla, Santa Cruz de Ribadulla e San Pedro de Vilanova).

Os propietarios de vivendas emprazadas na ARI, así como as comunidades de propietarios, poden acceder a axudas de ata 15.000 € por vivenda para a rehabilitación das mesmas o que, sen dúbida, facilita e fomenta a mellora das vivendas e con iso das condicións de vida dos seus habitantes, sen esquecer o importante emprego de man de obra que supón a rehabilitación e, polo tanto, os beneficios económicos da mesma para os concellos nos que se realiza.

Imaxe: