Aplicación do uso de dron no cultivo de grelo de Galicia

Os obxectivos que se pretenden acadar co desenvolvemento desta acción, é facilitar información vinculada á incorporación de novas tecnoloxías no sector agrario, gandeiro, forestal e agro-alimentario; coa finalidade de aumentar a produtividade e eficiencia das explotacións.

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)  son un referente forte no sector agro-alimentario pola súa capacidade de optimizar o uso e xestión de recursos naturais.  Así esas tecnoloxías axudarán a lograr alimentos máis seguros a través de procesos de produción máis sostibles e respectuosos co medio ambiente á vez que permite unha redución de costes que repercutirá sobre a viabilidade económica das explotacións.

O uso de drons para a incorporación das TIC é unha ferramenta para control eficiente e posteriormente unha toma de decisión e asesoramento correcto por parte de técnicos.

Con uso de drons podemos facer un seguimento e control de cultivos , superficies, seguir o crecemento da planta, e así mellorar o manexo agronómico incidindo no uso eficiente de recursos como o solo, auga, optimizar rendementos  e reducir o impacto da nosa actividade sobre o medio ambiente.

A importancia da I+D+I para afrontar o principal reto de producir máis e mellor calidade con menos recursos e impactos é facendo no sector demostracións e investigación para mellorar en innovación e lograr así unha agricultura produtiva , rendible para o agricultor e sostible co medio ambiente.

Os drons ofrecen múltiples posibilidade para agricultura, poden sobrevoar os campos de forma rápida e capturar información diversa gracias a sensores. Isto permite que os que xestionan os cultivos teñan a súa disposición unha ferramenta para controlar e incrementar a produtividade.

Un solo dron pode inspeccionar  centos de hectáreas de forma precisa, avaliando as condicións do terreo, co fin de recoller información sobre hidratación, temperatura, ritmo de crecemento dos cultivos. Unha das funcións máis importantes é a de previr e evitar pragas dos cultivos.

Toda esta información recollida con dron proporciona un aforro de costes para agricultores, para así evita pragas e sobre todo facer un uso sostible do medio rural, procurando evitar o uso e reducir a cantidade de produtos químicos que se empregan nos cultivos. E no caso de ter que usar herbicidas ou fertilizantes os propios drons poden aplicalos.

Son capaces de enviar fotografías e vídeos en tempo real, serven de espantallos, para manter alongadas as aves.

Unha preocupación do noso rural galego é o despoboamento e a poboación envellecida, a incorporación de xente moza a agricultura é unha prioridade polo cal o uso de drons pode facilitar a man de obra e pode ser unha vía máis de atraer xente nova ó campo, vinculando a actividade produtiva da agricultura cunha actividade máis rendible co uso de novas tecnoloxías.

Entre os usos dos  UAV (vehículo aéreo non tripulado) ou  drons na agricultura podemos citar:

  • Manexo eficiente da auga , recurso hídrico que debido o cambio climático debemos controlar e ter en conta. O estrés hídrico provoca na planta unha reacción.
  • Tratamentos localizados de herbicidas
  • Uso racional e sostible de produtos fitosanitarios
  • Detección de enfermidades e pragas de cultivos
  • Supervisión de áreas fumigadas
  • Indicadores de calidade de cultivos e ritmo de crecemento
  • Inventario de cultivos