Boletín informativo municipal 2017

 

 

 
No mes de setembro de 1999 chegou por primeira vez ás vosas casas o Boletín Informativo do Concello de Vedra, un vehículo das novas municipais, unha publicación aberta a todos os veciños e veciñas e asociacións do concello. Invitamos ás asociacións a facernos chegar as súas iniciativas para darlles difusión a través deste medio. Podedes remitir as vosas informacións, pequenos ensaios, etc. ao Departamento de Cultura ou ben ao e-mail mailto:vedracultural@gmail.com.
 
O Boletín Informativo Municipal chega agora ás casas de Vedra coa colaboración do servizo de correos. Tamén podes recibilo xunto con toda a información relacionada co noso municipio a través do servizo de novas. Para iso só tes que mandarnos un e-mail a novas@concellodevedra.com. Deste xeito terás sempre información cumprida de todo canto aconteza en Vedra!!!