Presentación do programa Goza do Ulla 2017

O Castelo de Pambre, a apenas un quilómetro do punto no que unen as súas canles os ríos Pambre e Ulla, foi o escenario elixido para presentar a nova edición do programa Goza do Ulla no que participamos os 20 concellos de Galicia polos que discorre o río Ulla ao longo dos 130 quilómetros de percorrido que van desde o seu nacemento nun prado de Olveda (Antas de Ulla) ata a súa desembocadura en Vilagarcía.

O programa, que comeza o próximo día 20 en Antas e que conclúe en outubro en Arousa, inclúe unha veintena de rutas de senderismo, cada unha nun dos concellos que participamos no programa.

A cita en Vedra será o 6 de agosto, na Ruta de San Xoán da cova

Máis información sobre o programa, rutas e datas:

www.facebook.com/GozadoUlla

Imaxe: