Prácticas na Comisión Europea

A Comisión Europea oferta ao redor de 1.300 prazas remuneradas para realizar prácticas na Comisión Europea (ou algún dos seus corpos executivos e axencias) entre outubro de 2017 e febreiro de 2018 cunha duración de cinco meses cada unha. 
Requisitos:
Titulados universitarios con: Unha titulación de polo menos 3 anos de duración. Moi bo coñecemento de inglés, francés ou alemán (Nivel C1/C2 acorde ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas). Moi bo coñecemento dunha segunda lingua oficial da Unión Europea. Dotación 1.120 € mensuais máis rembolso de gastos de viaxe.

prazo para presentar solicitudes esrá aberto ata o 31 de xaneiro de 2017.

Máis información: http://ec.europa.eu/stages/