PROGRAMA EDUCATIVO ULLA ELEMENTAL
O Programa Educativo Ulla Elemental é o libro de ruta que busca suscitar as conciencias, educar as sensibilidades e provocar sinerxias arredor do noso patrimonio, xerando posibilidades culturais, económicas, de cohesión social e identitarias. Este programa busca contribuír ao desenvolvemento comunitario e á posta en valor dos recursos endóxenos partindo da base da sostibilidade natural, social e cultural, á vez que trata de ofrecer unha alternativa innovadora e cun alto grao de proxección cara o futuro, apostando pola implicación activa de toda a comunicade socieducativa.
ACCIÓNS DESENVOLVIDAS:
xornadas de formación do profesorado que imparte clases nos colexios do concello, creación e desenvolvemento de materiais e recursos didácticos sobre a camelia, a auga, as festas, os pazos, o viño...



















