OFICINA DE TURISMO: CASA DOS PEÓNS

Oficina de Turismo
A oficina de Información Turística de Vedra está situado na antiga casa dos peóns camiñeiros no lugar de Picón, en San Pedro de Vilanova, a carón da estrada N-525, no P.K. 326, a 14 Km da saída de Santiago de Compostela dirección Ourense.


Conta cunha exposición permanente sobre o concello, con fotografías e información nunha pantalla táctil; un espazo de oficina e unha sala de reunións e proxección audiovisual, así como unha tenda de productos locais. Desenvólvese unha exposición ou xornada cultural trimestralmente.


Para escolares e grupos organízanse visitas educativas. Ofrécese información sobre os recursos turísticos e socioculturais do Concello. Mapa de Vedra- Ubicación da Casa dos Peóns

HORARIO:
Aberto todo o ano, de 9 a 15 de luns a venres.

Horario de verán: luns pechado; de martes a venres aberto de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

CONTACTO:
Teléfono: 981 512 482

Durante a fin de semana hai un teléfono de atención ó turista: 669 450 804.

E-mail: casadospeons@concellodevedra.com

 

Toda a información relativa ó turismo municipal: que ver, que facer, onde aloxarse, onde comer,... está dispoñible nos folletos adxuntos.

AdxuntoTamaño
guía-mapa turístico galego.pdf1.47 MB
guía-mapa turístico castellano.pdf1.53 MB
tourist map-guide.pdf1.54 MB
rutas sendeirismo galego.pdf597.24 KB
rutas senderismo castellano.pdf510.4 KB
walking trails.pdf511.05 KB

Concello en liña

Boletín Municipal

Formación e emprego

Perfil do Contratante

Vedra Cultural

Deporte Municipal

Centro 3a Idade

Galería Fotográfica