Campaña DOA O TEU MÓVIL

Doa o teu móvilDOA O TEU MÓVIL é unha campaña organizada pola Cruz Vermella Española e Entreculturas e na  que colabora o Concello de Vedra,  dirixida aos propietarios de teléfono móvil en desuso e que persigue dous grandes obxetivos:

ACCIÓN SOCIAL: os ingresos xenerados coa reutilización dos móviles doados destínanse a proxectos humanitarios, sociais e de educación en favor dos colectivos e países máis desfavorecidos.

COIDADO MEDIOAMBIENTAL: ao recoller os móviles fóra de uso e promover a sua reutilización e reciclado favorécese a conservación do medio ambiente.

CÓMO PODES COLABORAR
PARTICULARES

Opción A: Só tes que meter  o teu móvil  vello nunha bolsa-sobre da campaña e depositala directamente en calquera buzón de Correos (no necesita selo).

Puedes recoller a tua bolsa-sobre no departamento de Cultura do Concello de Vedra.

Opción B: Se non tes bolsa-sobre, tamén podes mandar o teu móvil vello. Méteo nun sobre calquera, imprime a etiqueta de franqueo pagado que verás ao pinchar aquí, pégaa  no  sobre e deposítao en calquera buzón de Correos.
EMPRESAS OU INSTITUCIÓNS

Se a tua empresa ou institución está interesada en colaborar na campaña só tes que cubrir un sinxelo formulario ou chamar ao 900 22 00 44 e solicitar a posta en marcha da campaña  no teu centro de traballo.
+ INFO no teléfono 981 814 691.
Cruz Vermella Entreculturas

Concello en liña

Boletín Municipal

Formación e emprego

Perfil do Contratante

Vedra Cultural

Deporte Municipal

Centro 3a Idade

Galería Fotográfica